jueves, 31 de mayo de 2012

Mamíferos

Con case 4 anos o que sobra é aburrimento. Non me quero esquecer de tódalas conversas que temos ti e mais eu. E os tres cando C. empece a falar.

Hoxe mirando unha enciclopedia do mundo natural, e mirando as distintas clasificacións animais. Despois de ler as descricións de anfibios, aves, reptís, chegamos a conclusión de que con pelo no corpo, sangue quente (Mamá, e por que está quente o noso sangue?), que nos facemos na barriga das nais e tomamos teta, tíñamos que ser MAMÍFEROS. Ata que...

Manuel: Pero mamá, eu non son "marífino", eu son xogador
Mamá: Xa, pero tódolos xogadores teñen pelo e naceron das súas nais. Porque os xogadores teñen nais.
Manuel: Non, os do Depor non.
Mamá: Pero Iago xogou no Depor e ten mamá, que a súa nai é Viru.
Manuel: Pois eu non son "marífino".
Mamá: Entón? Non tomas teta
Manuel: ...mmmm... Non

10 minutos despois...

Manuel: Mamá, dasme teta?
Mamá: Entón, eres mamífero?
Manuel: Que nooooooon, que son xogador!

Xa non é o meu principito, nin o meu corazón. Agora só é o xogador de padriño e de papá. Porque os chicos son xogadores, e as chicas non podemos xogar...

Gustaríame saber de onde sacou iso de que as mulleres non podemos xogar ó fútbol (nin facer outras moitas cousas que a el se lle ocorre que son só de chicos)

No hay comentarios:

Publicar un comentario